Estos
días estamos facendo un proxecto
chamado
Pequenos Astrónomos o tema e sobre o universo. Aprendemos moito con e cousas moi interesante.
Ao
principio fixemos un mural poñendo o que sabiamos , o que queriamos
saber e onde buscábamos a información. Tamén fixemos un recuncho chamado “Recuncho dos Pequenos
Astrónomos” para aportar información sobre este proxecto, esta información a traíamos das nosas casas: noticias, libros, videos, revistas e ata fixemos un pequeno sistema solar con materiais reciclados.
No laboratorio estamos a construír unha cúpula
que agora mesmo esta en revisión xa que se ronpeu unha punta.
Outra
actividade que nos gustou moito foi o LAPBOOK . E como un libro
decorado por nos e desplegable que de forma visual e creativa completamos con información e xogos de distintos planetas . No eu interior recopilamos debuxos, fotos, actividades,esquemas... Por grupos fixemos un LAPBOOK sobre distintos planetas que despois expusimos ao resto dos compañeir@s
Fomos de excursión ao observatorio Ramón María Aller no campus de Santiago. Alí estudaban as estrelas dobres,os bólidos e as manchas solares.Mostráronos varios telescopios algúns podían pesar mais dunha tonelada e alucinamos cando abriron a cúpula. Tamén vimos o sol proxecto nun papel, decatámonos da importancia de non mirar directamente ao sol xa que o guía puxo diante da lente un lapis e comezou a arder.
Na clase de plástica estamos investigando sobre artístas relacionados co universo como Joan Miró e Alexander Calder.
Esto
foi un resumen das cousas que fixemos e aínda continuamos.
Escrito por Daniela Calvo de 5º de Primaria e Ana Alfaya de 6º de Primaria.
Os deixamos unhas fotos e videos para que miredes o noso traballo.
Impresionante traballo.
ResponderEliminarQue envidia me dades. Xa me gustaría estar ahí.
Un bico a todos e todas.
Jose