lunes, 5 de octubre de 2015

Proxecto ReciclArte

PROXECTO "RECICLARTE"


Comenzamos un novo curso o alumnado de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Plurilingüe
Nº1 de Tui , e tamén un novo proxecto " ReciclArte".
 
Proxecto  que consiste en aproveitar os desfeitos das familias do alumnado e darlles novos usos, por exemplo: papeleiras, invernadoiros, estanterías... Para facelo necesitamos traer moitas cousas e ademais ao traelo estamos aproveitando algúns materiais e non contaminamos á natureza : envases, cartóns, papeis, cápsulas de café, revistas e xornais, CDs, tapas, tapóns, corchos, papel albal, redes de patacas, laranxas, allos...

Estámolo pasando xenial porque facemos moitas actividades nas que participamos tod@s, colaboramos en equipo, axudándonos uns aos outros, etc.
É incrible a de cousas que pódense facer con todo ese lixo e o rápido que o facemos, nunca pensamos que xogar con lixo fora tan divertido.
Aprendemos que reciclar é tarefa de tod@s e moi divertido, ademais aprendemos moito polo que esperamos a próxima tarefa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario