viernes, 18 de diciembre de 2015

Visita a SOGAMA



  Sogama
(Sociedade Galega  do medio ambiente)
A planta incineradora de Sogama que hai en Galicia queda en Cerceda (A Coruña)
Sogama trata dous tipos de bolsas:
·         A amarela: envases de plástico, latas e brik's.
·         A negra: todos aqueles residuos que non tñen unha separación 
 específica.
A bolsa amarela: Na planta hai 1 nave adicada a esta bolsa, alí sepárase en:
-Envases de deterxentes
-Envases de bebidas
-Latas de refresco
-Brik's

Con cada apartado fanse paquetes que logo véndense para que outros os reciclen.
A bolsa negra: Na planta hai 4 naves adicadas a esta bolsa:
1.       É a onde chegan os residuos. Chegan en trens e camións, que se pesan ao entrar e sair da planta, para saber cantos kilos de lixo levan. Nesta nave hai un foso que ten 15m de profundidade, e o lixo cóllese cun gancho chamado “polbo”, que colle 1 tonelada.
2.     Como os residuos teñen algo de humidade, sécanse e o vapor sae por unhas chemineas.A materia fina vai por unha parte e pícase e a grosa por outro lado e tamén se pica.Cando se xuntan chámase C.D.R.
3.     Na terceita planta o C.D.R. almacénase, e cando fai falta levalo a a outra nave, lévase nunhas cintas transportadoras.
4.     Aquí incinerase, ata que o C.D.R. queda feito cinzas, pero estas cinzas non son normais, son tóxicas, e por iso almacénanse en sacos de 1 tonelada, nun sitio con mmuros de terra, afastados da planta incineradora. A parte que non se fai cinzas, vótase nuha esplanda ao aire libre.
Como se xenera enrxía
Ao incinerar os residuos, a auga quéntase, move unhas pezas e se xenera enerxía. Con toda esta enerxía poderíase abastecerse a casi toda a poboación de Lugo. Sería o equivalente aTui varios anos.
A nosa experiencia
Fumos o día 4 de decembro do 2015.
Primeiro entramos no edificio das oficinas, onde
había unha maqueta a escala de toda a planta.
Alí a nosa guía Sofía, explicounos moitas cousas: que
fai Sogama, para que serve cada unha das naves
(algunha)... Un resumo porque logo íamos a velas.

Despois o noso guíaBenito, deunos unha charla onde nos
contaba que tipos de bolsas tratan, cantos quilos
xeneramos os galegos ao día,ano. E tamén nos falou
sobre o desperdicio de alimentos, mais a nosa sorpresa
foi que despois tiñamos que facer un exame.
Non nos alarmemos, porque antes íamos ir a coñecer un pouco mellor cada nave e que se fai en cada unha.

Para isto facía falta levar algo de protección:
-Mascarilla: para non ulir os residuos, gases...
-Casco: por se nos cae algo na cabeza
-Redecilla no pelo: como os cascos os usa moita xente así non se pasan xermes de uns a os outros.
-Chaleco reflectante: para localizarnos mellor.
Despois ao facer o exame, aprobamos e déronnos un premio:
Un colector pequeniño de cor amarela, un folleto sobre as 3R , un lapis, e un imán.





No hay comentarios:

Publicar un comentario