lunes, 6 de junio de 2016

ENTREVISTA EN RADIO TUI

Os rapaces de quinto de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui nos explican o seu proxecto solidario: un libro de poesías que busca recadar fondos para a Asociación de Autismo Baixo Miño 1 máis. O libro estará a venda no colexio a un prezo de 9,95€.
Coma a mellor mostra da educación inclusiva na diversidade e na tolerancia, o libro de poesías editado por estes rapaces e rapazas,está destinado a recadar a maior cantidade posible de cartos para a asociación de Autismo Baixo Miño 1 Máis, a quén se doará o 100% do beneficio das vendas. E dicimos que é unha gran mostra da educación na tolerancia posto que son precisamente Sara, Jonás, Lois, Aroa, Cristina, María e o resto dos seus compañeiros os que ao convivir e xogar diariamente con rapaces con autismo no seu colexio déronse conta das súas necesidades e puxeron todo o seu empeño para axudalos.

2 comentarios:

  1. Desde TEAVi queremos agradecer la invitación a la presentación del libro y además felicitar a los alumnos por el trabajo solidario. Compartimos invitación y información en nuestra página para hacer eco de tan magnífico trabajo. Felicidades a todos!!!

    ResponderEliminar
  2. Desde TEAVi queremos agradecer la invitación a la presentación del libro y además felicitar a los alumnos por el trabajo solidario. Compartimos invitación y información en nuestra página para hacer eco de tan magnífico trabajo. Felicidades a todos!!!

    ResponderEliminar